Picdeer logo Browse Instagram content with Picdeer

@carlosorozacifp

CIFP Carlos Oroza

carlosorozacifp

Centro de ensino público de Formación Profesional - Hostalaría e turismo - Industrias Alimentarias - Pontevedra

  • 1K Total Likes
  • 13 Tot. Comments
#instaoroza #fotododia Despedímonos ata o martes 23 de abril co remate da segunda edición do curso de cociña en colaboración coa @universidadedevigo @vicerreitoriapo para alumnado e persoal da mesma. Sete xornadas con contidos sobre nutrición, cociña galega, verduras, pastas, arroces, carnes, peixes e incluso pan. Xornadas moi ben aproveitadas!!!! Agardamos que cumplise as vosas expectativas!  #aprenderfacendo #formacionprofesional  #cocinasaludable
#instaoroza #fotododia Novos rincóns de esparcemento na nosa #hortaoroza que enchen de luz e color este espazo, ainda en días grises como o de hoxe!! Preparando a primaveira no taller restaurante Álvaro Cunqueiro! #aprenderfacendo #formacionprofesional #hosteleria #turismo #industriasalimentarias
#instaoroza #fotododia  Fotos do noso alumno Miguel participando en “El Duelo”, o concurso de cociña promovido por ORIVA para dar a coñecer o Aceite de Orujo de Oliva nas escolas de hostelería. Noraboa por representarnos con tanta profesionalidade e bo facer. Parabens!! #aprenderfacendo #formacionprofesional #hosteleria #aceite #aceitedeorujo
#instaoroza #fotododia  Rematamos o noso #degustaeuropa 2019 con esta foto de agradecemento ao noso alumnado e profesorado participante no mercado de @pontevedrate Nesta ocasión cunhas elaboracións moi axeitadas para este frío 5 de abril: Cucurucho de peixiños que é a nosa versión galega dos "fish and chips". Crema de caldo de cocido con lacón e chourizo de #lalin  Pastas Albariñas con chocolate de Sobroso Apple verde e Apperol Spritz con albariño e sidra. Mil grazas a @deputacionpontevedra por  contar de novo con nos, nesta actividade gastronómica de mercados, produtos locais e Europa. Unha mistura gañadora! Ata a vindeira edición!! #degustaeuropa #famedeexperiencias #aprenderfacendo
#instaoroza #fotododia Hoxe nova xornada de #degustaeuropa coa @deputacionpontevedra no mercado do #concellodebueu no que ofrecemos: Mexillón ao azafrán Ensalada con peixe escabechado. Tarta de queixo galego con marmelada de mazá Cóctel Crimean e cóctel Durazno. O alumnado dos ciclos medios de Cociña e Servizos do noso centro convidaron ás praceiras e á veciñanza a probar as elaboracións con produtos do mercado que fixeron para esta ocasión. Mil grazas alumnado e profesorado, coma sempre, pola vosa profesionalidade!!!! #aprenderfacendo #formacionprofesional
#instaoroza #fotododia  Hoxe #degustaeuropa no mercado de #ogrove coa @deputacionpontevedra  Estas son as nosas elaboracións de hoxe inspirándonos na #famedeexperiencias : - galletas mariñeiras con paté de marisco - croquetiñas variadas de peixe e marisco...espectaculares!! - empanada de mazá de #aestrada Mil grazas á xente de #o Grove pola marabillosa acollida!! É ao noso alumnado e profesorado, un dez!! Noraboa! #aprenderfacendo
#instaoroza #fotododia A quen non lle gusta o pan? Ninguén levanta a man, porque é imposible que non che guste, e si é un pan tan espectacular como os pans #bio de Elías da panadería Pumpernickel de Pontevedra...nin che contamos!! Pois o alumnado de 1º de #cmpan tivo a sorte de que viñera ao centro a amosarlles algúns dos seus segredos para elaborar este magnífico pan. Mil grazas a Elías por compartir o seu saber, e o sabor dos seus pans! #aprenderfacendo #panaderia #panaderos #pan #panbio
#instaoroza #fotododia  Hoxe recibimos a visita de Anxela Alonso, logopeda da @aeccpontevedra #pontevedra para dar pautas ao noso alumnado de Cociña e servizos sobre as elaboracións adecuadas para pacientes con disfaxia. Estivo acompañada por Felipe, operado dúas veces, que amosou ao alumnado as súas gañas de sair a xantar fora e disfrutar da comida.  Mil grazas por esta sensibilización aos futuros hosteleiros! #aprenderfacendo  #formacionprofesional #disfagia
#instaoroza #fotododia #depoemprendenafp Presentación de dous proxectos de emprendemento do alumnado de #csdircoc : 'Bon Voyage' de Ana María e Carla, presentaron esta axencia de #turismo especializada en experiencias gastronómicas ligadas á #cultura e tradición de cada país ou rexión.  Miguel e Jesus, presentaron 'La 5ª provincia', un restaurante que conecta o mellor de Galicia e de Suramérica mediante a fusión dos sabores de cada zona. Noraboa aos catro pô-la súa presentación, e noraboa á súa profesora Teresa Barreiro por guialos nos proxectos ata este día. #aprenderfacendo #formacionprofesional #emprendemento
#instaoroza #fotododia  Segunda xornada das #cociñasviaxeiras percorrendo xunto ás escolas #eht de Coimbra, Lamego e Viana, unha etapa do #camiñoportugués e facendo nosos os valores do #caminodesantiago : esforzo, compromiso, convivencia, natureza, patrimônio e gastronomia, podería ser mellor? É a nosa #pontevan agardando en #vianadocastelo para o último avituallamiento  Grazas a todos os participantes. Foi unha experiencia xenial!!!! O ano que ven, seguinte etapa! #aprenderfacendo  #formacionprofesional #camiñodesantiago #caminodesantiago #xacobeo2021 #xacobeogalicia
#instaoroza #fotododia Primeira xornada das "Cociñas Viaxeiras" deste curso, na que puxemos rumbo a Oporto e visitamos pola mañá o @ivdp_ip onde tivemos unha magnífica visita guiada coñecendo os viños de Douro e Porto que rematou cunha cata.  Continuamos devolvendo a visita ao instituto de Santa María da Feira, coñecemos o magnífico edifício e xantamos con eles. Mil grazas por ser uns anfitrións tan marabillosos!!! #aprenderfacendo
#instaoroza #fotododia Como foi acordado para a celebración do día da Paz, hoxe recibimos a visita dun grupo de 20 persoas pertencentes ao programa de atención urxente ás necesidades básicas de @cruzrojaesp  Este grupo desenvolveu un obradoiro de menús saudables e aproveitamento dos alimentos para aprender a elaborar menús económicos sacando o mellor partido aos produtos de tempada, como os da nosa #hortaoroza Esta actividade rematou cun delicioso xantar no taller restaurante Álvaro Cunqueiro. Agardamos que a actividade fose produtiva. Para nós, un pracer!! #aprenderfacendo
#instaoroza #fotododia Hoxe recibimos no centro a unha delegación de representantes de distintos países sudamericanos e africanos convidados pola @deputacionpontevedra impulsora do #planrevitaliza Coñeceron da man dos profesores #jorgeverdeal e @profesorfp o proceso completo da compostaxe desde a #hortaoroza pasando polas cociñas, a estación de compostaxe e o retorno do #compost á nosa horta.  E toda esta actividade rematou nesta mañá espectacular cun aperitivo realizado con produtos da horta e outros produtos galegos servidos na #pontevan situada para esta ocasión especial na mesma horta. Mil grazas pola vosa visita. Agardamos que fose tan produtiva como agradable! #aprenderfacendo #formacionprofesional #galicia #compost
#instaoroza #fotododia Unha alumna de cociña do noso centro que atopou o seu camiño e amosou cómo se traspasa un teito de cristal para seguir acadando os seus obxectivos de vida e as súas metas profesionais. Noraboa Celeste!! O teu exemplo servirá para traspasar outros teitos de cristal no futuro!! #aprenderfacendo #techodecristal #cociña #formacionprofesional #hosteleria #fp
#instaoroza #fotododia Estos son os nosos estupendos concursantes do Campionato de Coctelería e de Cociña Xosé Moldes Rey que organiza o @fragadoeume  Noraboa ao seu traballo é a súa adicación para preparalo. Moitas grazas aos catro!! Non puidemos estar mellor representados 👏🏼👏🏼👏🏼👏🏼👏🏼 #aprenderfacendo
#instaoroza #fotododia Hoxe o #csguias practica a atención ao cliente en inglés cunha actividade moi creativa na que cada parella preparou un destino turístico para outra parella, na que lles tivo que explicar à gastronomia, as atraccións turisticas, as actividades de lecer, o patrimonio...de lugares como Xapón, Australia, Grecia, París ou Eslovenia! Noraboa pola posta en escea, moi lograda! #aprenderfacendo #formacionprofesional #guias #turismo
#instaoroza #fotododia Hoxe é #8demarzo #diadamuller Non están todas as que son, pero son todas as que están. Son as mulleres do CIFP Carlos Oroza. A todas elas, grazas!! Polo voso traballo, esforzo, adicación, interese, creatividade, profesionalidade, e por escollernos para formarvos!! O futuro é voso. #formacionprofesional #aprenderfacendo #galicia
#instaoroza #fotododia Os detalles marcan a diferencia, e si son artesanais e feitos con todo o agarimo, son inesquecibles. Mil grazas a @lorenzo_design por este reposabotellas que viaxou a Coimbra, Viana do Castelo, Lamego, Vilamarin, A Coruña, Santiago, Lugo, Pontedeume, Foz, Gijón e Segovia. Un marabilloso presente como lembranza do noso VI Campionato de Sumilleria Suso Domínguez!! @artesania_de_galicia  #aprenderfacendo #artesania #artesaniadegalicia

Loading